CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Xaime Fandiño, exrealizador da TVG: "Hai que desterrar os eufemismos como idade de ouro ou terceira idade; a palabra vello é fermosa"

24/10/2021 - 11:04 h

Xaime Fandiño, exrealizador da TVG e exprofesor da USC, explicou como é o seu proxecto 'Vulnerables', que promove divulgar as consideracións da vellez na sociedade.

Tamén falou de Deteriorados, que vai máis alá de ser unha banda de música interxeracional. Falou do Ghetto cronolóxico, un lugar no que, segundo el, se intenta incluír e homoxeneizar as persoas que entran a formar parte do colectivo de xubilados, persoas que só teñen contacto con outras da súa xeración.