CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Roman Rodriguez sobre o Real Padroado de Santiago: "financiará o plan director da alameda ou a rehabilitación da igrexa"

24/07/2021 - 10:05 h

O padroado de Santiago pon de acordo a concello de Compostela, Xunta de
Galicia e Goberno Central, dezaoito anos despois da súa última reunión,
para pactar un importante plan de investimentos.

O vicepresidente do Consorcio de Santiago, e Conselleiro de Cultura,
Educación e Universidade, anunciou no Galicia por Diante, que se
acometerán actuacións tais como ao plan director da Alameda Compostelá e
o plan de rehabilitación da igrexa, hospital psiquiátrico e mosteiro de
Conxo.

Santiago é o final do camiño que pasa por multitude de concellos de
Galicia, e desde este punto de vista, Galicia enteira verase beneficiada
por estes investimentos que potenciarán o Xacobeo e a recuperación
económica, dixo Román Rodríguez.

O Conselleiro de Educación, deixou entrever que agarda que os escolares
a partir dos doce anos sexan vacinados antes de iniciar o curso. Tamén
se referiu aos protocolos de seguridade, que se determinarán no último
treito do mes de agosto.