CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Gayoso polo 36 aniversario da TVG: "tiven ofertas moi tentadoras pero sabía que o meu sitio estaba no Luar"

24/07/2021 - 09:05 h

A TVG fai 36 anos. As primeiras voces en soar na inauguración foron as
de Dolores Bouzón e Xosé Ramón Gayoso.

Co presentador máis popular da TVG falamos no Galicia por Diante. Gayoso
xa non lembra se estaba nervioso ou non, pero si era consciente da
importancia do momento.

Os textos que pronunciou xa os tiña preparados desde unha semana antes.

Xosé Ramón Gayoso recoñece que tivo ofertas moi tentadoras para saltar á
Televisión Nacional, pero que el sabía que o seu sitio estaba na
Televisión de Galicia e coa gran audiencia que o segue no Luar.

O Luar segue sendo un dos programas de máis audiencia da TVG, e o seu
presentador cre que todo funciona en base á naturalidade, ao respecto e
a acertar cos contidos que gustan en Galicia.

Recoñece Gayoso, que o peor momento que pasou no Luar, foi cando
anunciou equivocadamente o falecemento do Fary.