CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Cales son os primeiros síntomas dunha relación tóxica?

24/07/2021 - 11:05 h

Tristura, medo, culpa, críticas ou ameazas son os primeiros síntomas de que unha relación de parella pode ser tóxica.

Unha relación tóxica non se pode xustificar. Cando unha persoa non te acepta, se non lle vale nada do que fagas ou digas, se te desacredita continuamente, estase producindo esa toxicidade que non se pode permitir, di a psicóloga Isabel Calle.

No gabinete psicolóxico que dirixe a doutora Calle, experta en terapia de parellas, chegan un montón de persoas, mulleres máis ca homes, coa autoestima reducida á mínima expresión.

A base de terapia, o paciente acaba reconstruíndo a persoa que foi antes de vivir a loucura dunha persoa que te pode querer, pero que non te respecta, porque só lle interesa o seu punto de vista.