CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antonio Fernandes, 'hacker' e experto en seguridade informática: "Levamos uns cantos anos nunha especie de ciberguerra fría"

23/05/2021 - 10:28 h

Nunha entrevista no 'Galicia por diante fin de semana', Antonio Fernandes, 'hacker' e experto en seguridade informática sinalou que "Levamos uns cantos anos nunha especie de ciberguerra fría. No ciberespazo os países estan dando caña uns aos outros".

O ataque da semana pasada ao sistema informático que xestiona un grande oleoduto da costa leste dos Estados Unidos provocou un desabastecemento de combustible que provocou o pánico na poboación e a ansia de encher os seus tanques preventivamente.

A empresa do oleoduto tivo que pagar cinco millóns de dólares ao grupo que estivo detrás do ataque, que se fai chamar Dark Side. Con este motivo, Isabel Freire conversou con Fernandes, experto galego en ciberseguridade.

"Esta xente ten tamén o seu departamento de investigación de mercado. Collen un sector, miran as empresas que máis facturan e van por elas. Fan despois todo un perfilado tanto de empregados como das empresas cos que traballan e primeiro van polos empregados. Se non o conseguen, tentan entrar polos provedores para saltar a ti", describiu.