CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Este ano o Caldo da Gloria faise o 23 de febreiro

23/01/2022 - 09:38 h

O presidente da Fundación Rosalía de Castro e filólogo galego, Anxo Angueira Viturro, estivo no programa para lembrar o cambio dunha data moi especial no calendario galego: o día oficial do nacemento de Rosalía de Castro, que agora é o 23 de febreiro, non o 24. 

A investigadora Sagrario Abelleira descubriu recentemente un documento da acta notarial do matrimonio entre Manuel Murgía e a poeta. Nel, Teresa de Castro, recoñece a Rosalía como filla natural con data de nacemento o día 23 de febreiro ás catro da mañá. 

Por este motivo, os textos da poetisa galega se recitan neste 2022 un día antes. E podemos facelo mentres elaboramos un Caldo de Gloria, un caldo humilde — que relata en Miña casiña, meu lar — e que fala da vida diaria e da supervivencia das mulleres da época.