CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Piratas 0 - Liga de Fútbol Profesional 1

23/01/2022 - 09:04 h

2014. A cantidade de piratas informáticos que roubaban o sinal dos partidos en España, especialmente en móbiles, obrigou á LFP a tomar cartas no asunto para atallar o pirateo.
Nacía así a Liga Content Protection.

Un equipo de 50 persoas altamente preparada, empregando tecnoloxía de última xeración, conseguiu en poucos anos poñer a piratería en xaque, descubrindo auténticas mafias que non só rouban o sinal, senón que o revenden, sen ofrecer ningún tipo de soporte.

A tecnoloxía contra o pirateo, e a lexislación española, recentemente favorecida por unha sentenza dun xulgado de Barcelona, permite á Liga Content Protection, pechar un servidor pirata en segundos, cando antes podiamos falar de meses ou anos.

O sistema anti pirateo da LFP foi solicitado polo ministerio de cultura de España, e por multitude de organismos de todo o mundo, porque España é agora mesmo un referente mundial. Desde o sinal do servidor pirata, ata o usuario final, todos son localizados.