CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'De viaxe' con Gonzo por Guatemala e México

22/05/2021 - 10:26 h

O xornalista vigués Fernando González 'Gonzo' evocou as súas experiencias en Guatemala e México na súa conversa con Isabel Freire no espazo 'De viaxe'.

"Era unha viaxe que mesturaba o persoal e o profesional. O profesional porque foi a primeira vez que puiden presentar un traballo meu en 'prime time', o documental 'En la frontera'. No persoal porque veño dunha familia de moito migrante, como calquera familia galega, e podía entender o que estaba pasando alí", asegurou.

Gonzo viaxou a estes países cando se formaron as caravanas de migrantes centroamericanos, no 2018, que pretendían buscar un futuro mellor, ben en México, ben nos Estados Unidos.

"Son dous mundos que están moi lonxe, pero están pegados e é o máis lóxico, o máis humano, que os que menos teñen intenten chegar ao outro lado. O que me parece menos lóxico é que os que están ben non queiran recibilos e que ademais os criminalicen para que o seu punto de vista sexa aceptado pola maior parte da sociedade", salientou.