CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Nerea Barros: “Síntome parte do Camiño, por ser de Santiago e estar moi pegada á catedral”

22/05/2021 - 11:04 h

A actriz compostelá Nerea Barros participou no terceiro encontro Xacobeo-Peregrinas. Unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia reúne mulleres destacadas de diferentes ámbitos da sociedade para compartir experiencias arredor do Camiño de Santiago.
Nerea Barros afirmou que o Camiño vai unido intrinsecamante á súa condición de picheleira.

"Síntome parte do Camiño, por ser de Santiago e estar moi pegada á catedral”. Tamén destacou neste sentimento de pertenza, o amor ás raices potenciado polas viaxes que levou a cabo de pequena coa súa familia, que lle deron a oportunidade de coñecer a fondo a xeografía galega, tanto a do litoral como do interior.

Nerea, gañadora dun Goya por 'La isla mínima', recordou como na pandemia recuperou durante un tempo a súa carreira de enfermeira para traballar nun centro de maiores, experiencia que lle deixou un pouso dificil de esquecer. "Non podía quedar parada na casa mentres os nosos maiores perdían a vida”

"Foi un proceso complexo, de moita aprendizaxe e descubrimento, pero agradezo facelo"
"Son moi sensible. Se me dedicase a traballar como enfermeira, levaría todo para a casa”

Nerea Barros tamén colabora como produtora, co seu compañeiro, o xornalista e reporteiro de guerra, de ascendencia galega, Hernán Zin. Xuntos traballaron no documental sobre a pandemia '2020', que os levou a percorrer hospitais de Madrid, gravando a dureza da situación durante os momentos mais difíciles da Covíd 19.


Na actualidade, a tamén protagonista da 'A illa das mentiras' está inmersa na distribución dunha curta, 'Memoria' e nun libro para a editorial Planeta 'A rosmadora de gatos'.