CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Unha presunta estafa con criptomoedas podería afectar preto de mil galegos

22/05/2021 - 11:36 h

Unha presunta estafa con criptomoedas podería afectar preto de 1.000 persoas en Galicia que investiron na empresa ARBISTAR 2.0

A empresa, que operaba a través de robots informáticos, prometía altas rendibilidades semanais. E así foi, ata que un día se bloqueou o acceso aos beneficios e incluso á cantidade investida inicialmente.

A firma de avogados compostelá Oulego Avogados representa moitos dos denunciantes, que reclaman cantidades entre 10.000 e 60.000 euros. O director do bufete, José Ramón Oulego, aconsella denunciar, sexa cal sexa a cantidade, non só por recuperar o investimento, senón tamén para xustificar a perda ante facenda.

Nas últimas semanas, outra empresa, Investing State, podería estar relacionada con outra presunta estafa, que afectaría tamén investidores de criptomoeda en Galicia. Mentres, o valor da moeda dixital cae en picado no mercado.