Galicia por Diante Fin de Semana
Repasamos con Mon Devane, candidato ao mellor graffiti do mundo, a súa traxectoria artística
Mon Devane aínda lembra a primeira vez que pintou sobre o antigo cuartel abandonado de Ourense. A partir dese momento, iniciou a súa profesión nesta corrente artística ata acadar un posto entre os 100 candidatos ao mellor graffiti do mundo no Street Arts Cities.
O artista comezou pintando con cores monocromáticas, pero co paso do tempo e da especialización acabou decantándose pola turquesa, unha tonalidade que o caracterizan do resto de obras do mundo.
A pintada seleccionada é unha das sete obras que elaborou, coa colaboración de Estrella Galicia, para representar ao longo do camiño francés as grandes figuras que teñen historias propias. A seleccionada foi unha fachada ocupada co rostro de Xermán Arias, o luthier.