CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Que os adultos escoiten as ideas dos nenos e as acepten!"

21/11/2021 - 10:25 h

Así de contundente foi Mara, unha nena que pertence ó consello local de UNICEF en Nigrán e que formou parte do grupo de 35 nenos e nenas que o pasado mes de outubro asistiron ó II Encontro Galego de Participación Infantil e Adolescente que UNICEF Galicia e a Consellería de Política Social organizaron. Das súas reflexións e propostas saíu o "Manifesto pola Nosa Terra" do que nos falaron hoxe Mara e Laura, do consello local do Porriño.