CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Agustín Hernández cita o reto demográfico ou a reorientación da economía entre os obxectivos do CES

21/09/2019 - 08:37 h

O novo presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, destaca como un dos retos máis inmediatos deste órgano consultivo a reorientación da economía galega.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, destacou tamén a importancia de afrontar o reto demográfico e avanzou que pedirá a reforma do financiamento autonómico en canto haxa un goberno na Moncloa.

Hernández referiuse ademáis a algúns dos grandes proxectos en que están a traballar, como a promoción do turismo sostible de cara ao Xacobeo ou a plena integración de Galicia no Corredor Atlántico.