CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A viaxe máis perigosa do mundo: a que fan os nenos e nenas non acompañadas desde África ás illas Canarias.

20/11/2021 - 11:05 h

Esta migración prodúcese a causa dos conflitos nos países de orixe; por violencia intrafamiliar; por matrimonios forzados; por condicións de exclusión; por falla de acceso a servizos básicos e pola discriminación, recoñece Sara Collantes, técnica de UNICEF.

Xa nas illas Canarias, algúns destes problemas desaparecen, pero aparecen problemas novos, como a obtención do permiso de residencia e traballo, acceso á educación, falla de medios de vida unha vez que chegan á maioría de idade, e por discriminación.

UNICEF, recoñece o esforzo do goberno Canario, que non recibe o apoio necesario do goberno de España, algo que podería cambiar cando se aprobe a Estratexia Nacional para a Protección e Integración dos menores migrantes non acompañados.