CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Todos somos cómplices de como está o mundo neste momento." - Antonio Durán "Morris"

20/11/2021 - 09:35 h

O célebre actor vigués reflexionou a propósito de Shock. Unha montaxe do Centro Dramático Nacional que fai parada no teatro Rosalía de Castro de A Coruña. A compañía, que está de xira por toda a xeografía española, representa as dúas partes das que se compón a obra. 

"Un texto duro e difícil tanto no plano interpretativo coma no físico e mental"

A obra transporta ó espectador a distintos momentos da historia recente, cunha boa dose de espectáculo. Por ela transitan personaxes como Wojtila, Yelsin, Deng Xiaoping, Mandela, a familia Bush, os Aznar, Rumsfeld, Cheney ou Saddam Hussein. 

"É a primeira vez que fago este tipo de teatro documental, con personaxes que responden a distintas atmosferas en distintos momentos, uns emocionantes e outros catárticos: espectáculo coral total e colectivo"

Fotografía: Luis Soria, Centro Dramático Nacional.