CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Manuel Villanueva presentou no 'Galicia por diante FDS' 'Palabra de vino'

20/06/2021 - 11:04 h

Manuel Villanueva , presentou no 'Galicia por diante FDS' 'Palabra de vino'

 Un libro de conversas, unha amena proposta en que o autor Manuel Villanueva, actual director xeral de contidos de Mediaset, reúne unha serie de referentes de ámbitos tan diversos como é o cine, deporte, música, literatura, empresa ..etc, coa finalidade de facer do encontro un lugar onde flúen as confidencias. Os viños que aparecen no libro elixíronse en función dos gustos circunstancias de cada un dos entrevistados.

Non é un libro de viños, é un libro de personaxes que falan da súa vida, inquedanzas, sentimentos e soños de futuro”

Da ampla nómina de conversas que Manuel Villanueva, mantivo cos galegos, resaltou os aspectos poéticos que afloraron na conversa que mantivo co escritor Manuel Rivas ; tamén o comunicativo e afable que resulta nas distancias curtas o escultor Francisco Leiro: o home das fragas do bosque” dixo

Apuntou que: “Con Amancio Ortega, non o intentei, porque se prodiga pouco. Pero o certo é que me sucederon cousas ben curiosas. A medida que se ían desenvolvendo as conversas, procurei introducir nomes que á súa vez falaban da xente entrevistada. No caso do empresario Alfonso Carrascosa chamei a Julio Iglesias, quen non é moi amigo de coller o teléfono. Curiosamente díxome que me devolvía a chamada porque eu era de Marín, e non podía fallarme. Así é Julio”

Quixo destacar Manuel Villanueva, quen formou parte do equipo fundacional da Radio Galega, o xesto que tivo Iker Casillas, con Óscar. Un neno que estivo hospitalizado no departamento de oncoloxía do hospital clínico de Santiago de Compostela, a quen lle enviou unha camisola asinada e unha invitación para ir ver o Real Madrid. Algo que non puido levar a cabo porque falecería tempo despois.