CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Os piratas Galegos que enganaron aos Ingleses

19/12/2021 - 10:43 h

Manuel de Lorenzo explicou no Anecdotario do Galicia por Diante Fin de Semana, que hai un século e medio, piratas galegos da Costa da Morte, enganaron a dous buques ingleses, o Serpent, que levaba unha gran cantidade de moedas, e ao buque que o escoltaba.

O sistema elixido foi o dos raqueiros, que é, apagar os faros auténtico e crear falsas luces de faro; logo poñían pequenos farois nos cornos das vacas, para simular barcos na zona. Co temporal que había, o engano era indetectable, a colisión coas pedras estaba garantida.

Cos barcos nas rochas, os piratas levaron todo o que houbese de valor nas dúas embarcacións. Parte deses cartos foron, presuntamente, empregados para soterrar os mortos no cemiterio que se coñecería como o cemiterio dos ingleses, en Camariñas.