CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Baiona ten boa Pinta

19/12/2021 - 09:07 h

O Montereal Club de Iates de Baiona accedeu á listaxe dos 45 clubes mellores do mundo, no exclusivo Consello Internacional de Clubs Náuticos. Unha distinción que o conecta con prestixios clubs de Iates de todo o mundo.

A vela adaptada, as clases de navegación a vela para nenos e nenas con algunha discapacidade física ou mental; programas para maiores, e incluso para mulleres vítimas de violencia machista foron a gran tarxeta de visita para o club galego.

O Montereal tivo durante moitos anos a Juan Carlos de Borbón e a Filipe VI como participantes habituais nas regatas que se organizaban en Baiona. Agora mesmo, xa non se deixan ver tanto por alí, comenta o comodoro Ignacio nchez Otegui.