CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Mayor Oreja di que aprecia paralelismos en Cataluña co vivido durante anos en Euskadi

19/10/2019 - 08:41 h

O presidente da Federación Europea One of Us, Jaime Mayor Oreja, pasou esta mañá polos micrófonos da Radio Galega co gallo da convención que celebran en Santiago sobre os "dilemas éticos que ameazan a sociedade europea", nomeadamente a eutanasia ou o aborto.

Participan máis de 150 persoas que se definen como pensadores e intelectuais e co obxectivo de recuperar un discurso moral en Europa. De aí a elección de Compostela.

Mayor Oreja falounos tamén da situación en Cataluña. Quen fora ministro do Interior con José María Aznar apreza paralelismos co vivido durante anos en Euskadi, e alerta dun plan entre o presidente Sánchez e Esquerra Republicana encamiñado á ruptura do Estado español.