CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Imos 'De viaxe' a Alemaña con Isabel Freire e o debuxante Kiko da Silva

19/09/2020 - 10:23 h

Por mor da novela gráfica en que está a traballar, Baixo a sombra das pedras flotantes, o debuxante galego Kiko da Silva viaxou a Alemaña. En concreto, ao complexo megalítico Externsteine, situado en Alemaña, no estado de Renania do Norte-Westfalia, no Bosque Teutónico, co fin de tomar apuntamentos para a súa obra.

"É un lugar natural, que non foi feito polo home, e que ten unha historia negra detrás: foi un lugar de culto das SS de Hitler", relata o debuxante. Por este motivo, Kiko da Silva apunta que a xente que coñece este lugar sente "certa aprehensión" á hora de dicir que saben del.

Kiko da Silva conta as lendas arredor das rochas do bosque e relata as sensancións e pensamentos que lle suxeriron.