CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A persoa máis coñecida nas prisións españolas estivo na Radio Galega

18/12/2021 - 11:05 h

A tal punto chega a popularidade do xuíz José Antonio Vázquez Taín nos cárceres, que cando vai a algún para dar unha charla, pídenlle autógrafos, selfies. A súa señoría di que se tratas ben aos acusados, entenden a sentenza e non che gardan rancor.

Taín, está producindo un documental, chamado Peregrinas, nas que se contan as historias de mulleres que fixeron historia no camiño de Santiago, desde Raíñas ata as clases máis baixas. Todas teñen a súa historia.

A intención do polifacético maxistrado é que o documental se estree na Televisión de Galicia. O documental duns 70 minutos, xa foi requirido para emitir en varios países Europeos, Americanos e incluso de Nova Zelandia.