CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Escachando coa risa: Dous tolitates en apuros

18/12/2021 - 09:07 h

Pepo Suevos visitou o Galicia por Diante para contarnos como lle foi o ano, e como lle vai. Esa parte durou tres minutos, o resto da entrevista foi empezar a rir coa carallada e non parar.

E ollo, que xogamos un xogo de moi alto nivel intelectual: preguntas sen resposta. Pepo é infalible, nunca queda calado. Sempre ten un as para matar un tres.

Unha das preguntas máis difíciles foi, por que lle poñen a vacina moderna aos maiores de 50 anos? A moderna debería ser para a xente de 15 a 25; pero para os maiores, deberían poñer unha que se chame Xil Ríos, Andres do Barro ou Ana Kiro, por poñer un exemplo.