Galicia por Diante Fin de Semana
O nudismo medra nos nosos areais. Preto do 20 % das praias de Galicia son nudistas.
Naturigal, a asociación de naturistas de Galicia, ten algo máis dun ano de existencia e persegue a normalización do nudismo nas praias galegas.
O secretario de Naturigal, Carlos Rubio, promotor da asociación durante o confinamento, cre que esta práctica é boa desde un punto de vista físico e psicolóxico.
Rubio admite que unha persoa vestida nunha praia nudista pode molestar aos bañistas que están espidos, e é que a asociación non cre que poidan convivir ambas prácticas na mesma praia, senón que o que reclaman é o seu dereito a espirse e a ter praias para practicalo.
Naturigal tamén reclama que se poida normalizar o nudismo en piscinas comunitarias, piscinas públicas e incluso privadas. Hai algunha iniciativa deste tipo en
marcha, a modo de proba.