CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Mariano Fisac: "Cando se cata a cegas hai dous elementos: a expresividade dos viños e a frescura"

18/07/2021 - 09:36 h

Mariano Fisac, crítico de viños, autor de publicacións especializadas como "Galicia, entre copas" e "Vinos y lugares para momentos inolvidables". Con el falamos da concesión dos premios Baco da Unión Española de Catadores, que premiou moitos viños galegos.

"Os premios Baco son , entre os que se dan en España, os máis prestixiosos."

"Cando se cata a cegas hai dous elementos: a expresividade dos viños, que falen por si mesmos e que digan de onde veñen. E eu creo que hai outro elemento, que é a frescura, aqueles que che invitan a seguir bebendo."

"Galicia ten ventaxa. Co cambio climático, as zonas do interior de España resultan penalizadas con viños que chegan ós 15 graos. En Galicia, con temperaturas máis frescas, hai viños de menor graduación e máis expresivos."