Galicia por Diante Fin de Semana
Víctor Manuel Vázquez Portomeñe: A comunicación política feita arte
O exconselleiro de Educación con Fernández Albor e de Cultura con Manuel Fraga, que compartiu as portavocías do goberno da Xunta e do grupo Popular, Victor Manuel Vázquez Portomeñe, falou da actualidade e da comunicación política no Galicia por Diante Fin de Semana.
Portomeñe recalcou que non temos neste país, especial capacidade de diálogo para facer funcionar os gobernos de coalición. O espírito da transición, da nosa constitución, é a fórmula que propón o político de Taboada, para desatascar a política actual.
Aos seus 86 anos, Victor Manuel Vázquez Portomeñe segue en forma, de verbo fácil e ideas claras, e aproveitou a entrevista no Galicia por Diante, para recomendarlle ao Ministro Garzón, que se informe mellor cando volva falar sobre o sector cárnico español.
Portoñe acabou a súa carreira política con tres lexislaturas no senado, pero descarta volver á vida política, invitado a volver en ton de broma polo presentador do programa.