CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'Corazón contento', con Xosé Ramón González Juanatey: "Baixo ningún concepto debe empregarse a digoxina para adelgazar"

18/04/2021 - 10:06 h

Na súa colaboración 'Corazón contento', o xefe do Servizo de Cardioloxía do CHUS advertiu de que a digoxina, un fármaco usado para tratar enfermidades cardíacas, que corrixe a obesidade nos ratos, non debe de empregarse para tal fin nas persoas obesas.