Galicia por Diante Fin de Semana
Recuperamos unha entrevista a Sánchez Salorio, un home do Renacemento
Referente internacional da oftalmoloxía, médico e intelectual. Recuperamos a súa voz e memoria do seu paso polo programa.
Medalla Castelao 1996, Medalla de Ouro de Galicia 2015; o seu pasamento foi o 16 de marzo na Coruña aos 93 anos.
Foi director do Instituto de Oftalmoloxía de Galicia, profesor na USC e, ademais, desenvolveu un intenso labor cultural e público, todo un exemplo de humanista do Renacemento.