CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

María do Ceo lévanos de viaxe á casa de Amália Rodrigues

18/03/2023 - 10:25 h

María do Ceo tivo a oportunidade de coñecer en persoa a grande diva do fado, unha das experiencias máis emocionantes da súa vida.

Escoitouna por primeria vez cando tiña 5 anos, soaban as súas cancións na radio e seguiuna desde nena.

"Para min vela, tomar un café con ela na súa casa da rúa Sao Bento, foi como ver a virxe de Fátima" confesa emocionada María do Ceo. 

"Foi un ola e tamén unha despedida", Amália estaba xa despedíndose da vida, foi pouco antes do seu pasamento.