CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores: "Unha residencia ten que ser un lugar en que os maiores fagan a súa vida da forma máis semellante posible a un fogar"

23/10/2021 - 08:16 h

Tamén recuperan a normalidade as residencias de maiores. Os residentes poden saír dos centros e recibiren visitas, pero deberán ser con cita previa. Ademais, continuarase cos cribados periódicos aos profesionais que traballan nestes centros.

Unha situación que avaliaba moi positivamente no Galicia por diante o director xeral de Maiores da Xunta, Fernando González Abeijón.

Respecto á necesidade de cita previa nas visitas, o director xeral de Maiores aclara que será opcional en función das propias instalacións das residencias.