Galicia por Diante Fin de Semana
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, destaca a "experiencia" e a "especialización" do novo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, falaba esta mañá na Radio Galega do novo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, que mañá tomará posesión do seu cargo despois do ser nomeado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo tralo falecemento de Valeriano Martínez.
Rueda considera a Corgos unha persoa con experiencia e especialización, xa que desde o 2009 foi o director xeral de orzamentos. Unha vez tome posesión, Corgos participará no Consello extraordinario da Xunta no que se vai aprobar o proxecto de orzamentos autonómicos para o ano que vén.
O vicepresidente avanza que tralo levantamento da situación de emerxencia sanitaria de Galicia prevista para esta semana que entra, as barras dos bares operarán con normalidade.