CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

En pé de guerra contra as novatadas

17/09/2022 - 10:05 h

O comezo do curso está marcado polas novatadas coas que moitos estudantes universitarios son recibidos ao inicio da súa nova etapa educativa. Hai tantos tipos de novatadas como de estudantes, moitas delas con compoñentes sexuais ou raiando un trato vexatorio. Por iso, desde a asociación Non máis Novatadas prestan axuda ás vítimas, ao tempo que a súa presidenta, Loreto González Dopeso, lembra que en países como Francia estas condutas están recollidas no código penal. Aínda non ocorre así no noso país, onde este é o primeiro setembro no que está en vigor a lei de convivencia universitaria. Dela falamos con Pilar Murias Fernández, vicerreitora de estudantes e cultura da USC.