Galicia por Diante Fin de Semana
As algas, delicias do mar galego
Algamar foi a primeira empresa de Galicia en comercializar as algas como alimento. Fermín Martínez, xerente da firma, puxo en valor no Galicia por Diante da Fin De Semana, o potencial nutritivo das algas. E é que este producto é alto en calcio, en sales minerais e proteinas.
Os restaurantes galegos xa inclúen regularmente pratos con algas, que contan co valor engadido dun produto de proximidade, recolectado nas nosas costas.
A industria da alga é unha industria con presente e con futuro, tanto no sector alimentario, como no sector farmaceutico e mesmo no cosmético.