CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Saímos aos nosos pais e nais? Si, pero a educación conta

17/07/2021 - 09:07 h

Herdamos, en maior ou menor medida, o que se coñece como temperamento, e da educación que recibimos, modelamos o carácter. A mestura de ambos conceptos, dan lugar á nosa personalidade.

A figura paterna e materna, a figura dos profesores, e en xeral, a figura da autoridade, dan forma a unha personalidade que se pode distorsionar ata puntos tan tráxicos como os que deu o asasinato de Samuel Luiz na Coruña.

Estes son algúns dos asuntos que falamos no Galicia por Diante coa psicóloga Milagros Martínez García, vicepresidenta da sección de psicoloxía xurídica co colexio de psicólogos de Galicia. A psicóloga abordou a necesidade de aceptar o diferente, como base da convivencia.