CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Pepe Ferreirós: "Pensamos que había un antes e un despois dentro da música tradicional"

17/07/2021 - 09:46 h

No Galicia por Diante Fin de Semana conversamos cun dos gaiteiros de Milladoiro, Pepe Ferreirós, sobre tempos pasados e presentes.

Pepe Ferreirós asegura "estabamos nun mundo feliz e de repente nos dín: tendes que encerrarvos nas vosas casas. Parece unha película de terror", ao que engade: "para nós supuxo a ruptura dun plan que era o corenta aniversario da saída do disco "A Galicia de Maeloc". Queriamos celebralo por todo o alto, pensamos que había un antes e un despois dentro da música tradicional".

"Está saíndo moita xente cunha preparación importantísima. Eu o que moitas veces boto en falta é que esta xente descoñece o fondo, os nosos devanceiros, o que nos trouxo ata aquí", sinala nas ondas da Radio Galega.