Galicia por Diante Fin de Semana
Covadonga Toca, directora xeral de Emprego: "Os autónomos que teñan cantidades pendentes novas, do 1 de xuño ao 30 de setembro, poden acudir ao plan de rescate e á compensación de custos fixos"
A directora xeral de Empergo, Covadonga Toca explicou na Radio Galega que a finais da semana que vén sairá publicado no DOG o cuarto plan de rescate para empresas e autónomos que activa a Xunta cos 134 millóns de euros que sobraron da convocatoria anterior e que financia o Goberno central.
Nesta cuarta edición introdúcense dúas novidades: amplíase ata o 30 de setembro o período para cubrir as débedas contraídas por autónomos e empresas e permítese ós afectados empregar estes fondos para compensar perdas contables.
O límite das contías é o mesmo que o fixado na convocatoria anterior: 3.000 euros como máximo para os autónomos que tributan por módulos e ata 200.000 euros para as grandes empresas.
Os interesados poderán solicitar as axudas desde o día seguinte da súa publicación no DOG. O anterior chegou a preto de 6.000 autónomos e empresas.