CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Agárdanse importantes subidas no prezo dos xoguetes para o Nadal

16/10/2021 - 11:29 h

Agárdanse importantes subidas no prezo dos xoguetes para o Nadal.

Anunciouno a patronal de fabricantes de xoguetes de España, que consideran que o aumento do prezo das materias primas entre un 20 e un 40 % obrigará os fabricantes a repercutilo no produto.

O prezo do transporte desde Asia, de onde proceden a maioría destas materias primas, quintuplícase con respecto ao ano pasado, segundo informa a asociación de fabricantes de xoguetes, outro factor máis que fai prever unha subida.

O custo da enerxía eléctrica tamén podería sumarse aos anteriores conceptos.

A tenda de xoguetes A Bufarda, en Ourense, especializada en xoguete de madeira e tradicional, non percibe esta suba dos custos, apenas repercutirá nuns céntimos no noso catálogo, afirmou Carlos Rodríguez, dono da tenda.

Rodríguez sospeita que detrás deste anuncio da patronal agáchase unha estratexia para que a xente adiante as compras de Nadal.