CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Fernando Soto: "É o primeiro ano nos últimos cinco que temos este nivel de incerteza na electrointensiva"

15/12/2019 - 08:06 h

O director xeral de AEGE (Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía), Fernando Soto, asegura nunha entrevista no Galicia cualifica de "limbo" e de "incerteza" a situación na que se atopa a empresa electronintensiva en España ás portas da nova poxa de interrompibilidade prevista para a semana que mañá comeza. 
Soto prevé, coas novas condicións desta poxa, un impacto para o seu sector "moi importante e grave en tanto en canto non se balanceou adecuadamente con outro conxunto de medidas" que segundo destacou se lles anunciaran e non se aprobaron. "Chegamos a decembro con nubarróns moi negros no noso horizonte de curto prazo", "con recorte importante de megawatts subastados na interrompibilidade", "sen ter un estatuto aprobado" e "sen dotación económica suficiente" polo que asegura que "estamos nun limbo e evidentemente é o primeiro ano nos últimos cinco que, dende 2017, temos este nivel de incerteza e que pode facer un dano moi forte á industria electrointensiva española". 
O director xeral de AGE elude responder se lle constan risco real de peches de factorías polo que poida acontecer na poxa pero si di ver "síntomas suficientes para que ese pensamento estea na mente de moitos". Para o voceiro das empresas gran consumidoras de enerxía de España, "a situación pode enconarse se non se consegue reducir o diferencial de prezos que  España con respecto aos seus principais competidores" como son Alemaña e Francia. 
Soto di non entender como o Goberno central non conseguíu de Bruxelas que se mantivese o mesmo sistema ata que "en 2020 tivésemos un mecanismo que o substituíse" en lugar deste  "recorte tan drástico como o que se nos puo enriba da mesa".  
O director xeral de AEGE evita considerar discriminado o seu sector fronte ao renovable, tralas medidas aprobadas polo Executivo central. De feito di loar "a presión exercida e o resultado obtido polo lobby renovable" e admite ter "envexa sa de que iso non o conseguísemos nós".  Acto seguido fixo fincapé en que mentres "un exercicio de financiamento das renovables vai custar unha anualidade 7 mil millóns de euros", o sistema eléctrico para a industria electrointensiva "necesita é un apoio (...) que estaría entre 500 e 600 millóns anuais". 
Soto asegura que o sector continúa falando co Goberno e sostén que o seu modelo é o alemán, como líder industrial en Europa. "As prácticas que ten Alemaña e están bendicidas ou cando menos Bruxelas non di nada  son as que temos que propor", dixo, para engadir que "queremos o modelo alemán co mesmo prezo enerxético alemán para as nosas industrias".