Galicia por Diante Fin de Semana
A normalidade volve ás urxencias dos hospitais galegos: o número de ingresos regresa aos niveis de antes da pandemia
O coordinador do servizo de urxencias do CHUS, Placido Mayán, opina que esta tendencia é positiva porque recupera o fluxo de pacientes que deixaron de asistir a urxencias por medo ao coronavirus.
O botellón, o exceso de inxestión de alcohol, non está sendo significativo nos ingresos en urxencias, pese ao que se podía pensar. De feito, os atendidos por esta causa son inferiores a antes da pandemia.
A idade de pacientes coa COVID-19 que entran nas UCI está descendendo na cuarta onda. A razón primordial é a vacina: a xente máis nova aínda non está vacinada e, polo tanto, son quen de desenvolver a enfermidade con peor diagnóstico ca os vacinados.