Galicia por Diante Fin de Semana
Bieito Romero: "É moi emocionante comezar esta xira de 2022"
Bieito Romero, líder da formación de música folk Luar na Lubre, falounos do último traballo Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, un disco que comezou a xirar de novo trala pandemia no teatro principal de Ourense. O traballo está inspirado nas experiencias e lendas dos peregrinos que realizaron ao longo dos séculos os camiños a Santiago de Compostela.
Vieiras e vieiros, historias de peregrinos combina creacións propias con sonoridades das sendas e lugares do itinerario Xacobeo.