CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

"Crónicas cancheras" e "Tal como éramos" chegan ao Galicia Por Diante Fin De Semana

14/11/2021 - 11:04 h

Os irmáns Xabier e Susana Fortes presentáronnos os seus novos traballos no programa Galicia Por Diante Fin De Semana. Crónicas cancheras, escrito por Xabier Fortes, fai unha recompilación de artigos xornalísticos publicados no Diario de Pontevedra, onde fútbol e deporte convértense nunha escusa para falar da vida. No caso de Tal como éramos, cuxa autoría pertence a Susana Fortes, realiza unha homenaxe a Pontevedra nun libro emocional de claras referencias cinematográficas, baixo a fórmula de pasaxes con lembranzas.