CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Fotografias que son un parto

13/11/2021 - 11:29 h

A fotógrafa Diana Fajardo, especializouse en fotografar partos. Unha modalidade pouco coñecida en Galicia, coa que se completa a reportaxe gráfica do ciclo vital dunha familia.

Nai e fotógrafa coñécense previamente, para constatar que hai boas sensacións entre ambas, establécese unha franxa de tres semanas antes do parto, ata dúas despois, nas que a fotógrafa ten que estar á disposición da familia.

O perfil habitual da nai é o dunha muller que vai dar a luz na casa. Tamén se fai reportaxe de partos no hospital, pero son máis complexas pola limitación de acompañantes e polas posibles condicións que poida requerir o equipo médico.