CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia: "O peor xa pasou"

12/09/2021 - 08:02 h

O escape dunha vertedura de 200.000 litros de xurro dunha granxa de Trazo cara ao Tambre foi a culpable do desabastecemento de auga en Santiago. Ao parecer, abreuse a comporta da balsa sen saber por que, algo que xa se está a investigar para poñerlle a sanción correspondente.

A directora de Augas de Galicia asegura na Radio Galega que os niveis de osíxeno do Tambre e os seus afluentes melloraron, pero que aínda é necesario controlar a situación debido a que parte do escape está no terreo e estase intentando retiralo.