CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

As visitas nocturnas á catedral de Santiago ofrecen ao visitante unha experiencia única, en que a luz e o silencio cambian todo

11/09/2021 - 11:35 h

Desde o 10 de agosto pasado, púxose en marcha o programa de visitas
guiadas nocturnas á catedral de Santiago. Programa que permite coñecer
os traballos de restauración levados a cabo durante os últimos anos.

As visitas fanse en tres quendas: dez e media, once menos cuarto e once
da noite, cada unha delas co seu guía, porque a visita dura sobre 90
minutos.

A visita está estruturada de xeito cronolóxico, comezando polas zonas
máis vellas, incluíndo o Pórtico da Gloria, e outros espazos menos
coñecidos, como a tribuna.
En cada grupo van 25 persoas e botan preto da hora e media para
completar o percorrido.

A visita está atraendo moitos visitantes da comarca de Santiago, e a
organización da Fundación Catedral de Santiago está sorprendida pola
resposta do público. Hai lista de espera dunhas dúas semanas.