CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Luz Casal: “É preciso non engadir máis tristeza a un tempo xa de por si complicado”

11/09/2021 - 09:33 h

A cantante de  Boimorto concedeu unha entrevista ao 'Galicia por diante da fin de semana' con motivo dunha nova edición do Festival da Luz, unha cita que reúne 22 artistas ao longo de tres días no formato Leiras.

Destacou a intérprete internacional o aspecto solidario do evento que este ano destina os fondos á Cruz Vermella e á Fundación Andrea.  

Asegurou que todos os músicos que participan no festival  sempre queren volver, e fan o posible por cadrar este evento nas súas axendas.

Luz Casal  tamén recordou o concerto memorable que deu na praza do Obradoiro en Compostela, o pasado 21 de xullo, do que dixo foi: "Algo único que quedará na miña memoria para sempre".