CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'Breaking', deporte ou baile?

11/07/2021 - 11:27 h

A Comisión Olímpica Internacional decidiu o ano pasado engadir novas modalidades deportivas como o skate o bmx ou o breaking con vistas aos Xogos de París de 2024.

Unha decisión controvertida sobre todo no caso do 'breaking', que se atopa no limbo entre arte e deporte. En todo caso, o 'breaking' é unha disciplina con moita pegada en Galicia. Un exemplo disto é o club deportivo A Rúa de Neda, o primeiro club de 'breaking' federado do conxunto de España.

Sentando as bases e creando a canteira do que xa é o futuro do 'breaking' galego está Anxo Barros, adestrador e presidente do club. Con el falou a nosa compañeira Érika Martínez, nunha reportaxe no'Galicia por diante fin de semana'.