Galicia por Diante Fin de Semana
O 11-M, dezanove anos despois: "Agora toca construír memoria nos libros de texto"
Van xa dezanove anos dende o atentado do 11-M en Madrid vencellado a Al-Qaeda. Eulogio Paz é presidente da asociación Afectados del Terrorismo e pai dunha das vítimas. Con el conversamos nesta data simbólica para coñecer se se cumpriron aquelas peticións de xustiza, restauración ou memoria. "Non se trata de superalo, senón de vivir con iso", sostén Paz, aínda que "as secuelas dalgunhas vítimas empeoraron cos anos". Agora o que toca, di, é a tarefa da construción de memoria nos libros de texto para que se estude a historia do que verdadeiramente ocorreu.