CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas: "Imos ter unha pista de fórmula 1, pero se temos que conducir un 600, a xente non vai querer coller trens que non achegan tempos competitivos"

10/10/2021 - 08:12 h

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, falou esta mañá na Radio Galega sobre o AVE, as autoestradas e outros asuntos de actualidade.

A conselleira esíxelle ao Goberno central que, ademais da chegada do AVE, haxa trens de ancho variable para acadar tempos competitivos nas viaxes. Agarda tamén que non se apliquen as subas da AP-9 de todos os anos e que haxa bonificacións na AP-59, a autoestrada que une Santiago con Ourense.

Sobre os orzamentos xerais do Estado, Ethel Vázquez repasou as demandas de Galicia en materia de investimentos e de obra pública. A conselleira pide que Galicia non se vexa prexudicada nos novos orzamentos e reclama que se recuperen os niveis de investimento de 2018.