Galicia por Diante Fin de Semana
Ana Fernández: "O caso de Samuel é tan extremo que parece que a sociedade está a abrir os ollos co que nos pasa"
No 'Galicia por diante fin de semana' entrevistamos a Ana Fernández, presidenta de Alas Coruña, o Observatorio contra a LGTBIfobia, tras o linchamento a Samuel: "O caso de Samuel é tan extremo que parece que a sociedade está a abrir os ollos co que nos pasa."
Nas ondas da Radio Galega, Ana Fernández pregúntase: "Por que temos que ter medo de saír á rúa pola noite ou saír de festa ou simplemente habitar o espazo público onde convivimos co resto da cidadanía?". A presidenta do Observatorio contra a LGTBIfobia sinala: "No instituto xa me sinalaban".