Galicia por Diante Fin de Semana
Teté Delgado: "Para min agosto é o momento de ir a Malpica de Bergantiños"
A actriz e presentadora Teté Delgado contounos no 'Galicia por diante fin de semana' os seus plans para o verán. Con ela falamos tamén da obra de teatro na que traballa con Josema Yuste: 'Sé infiel y no mires con quien'.
Nas ondas da Radio Galega, explicou que "cando empezamos despois da pandemia notamos un aplauso moi agradecido, a xente tiña moitas ganas de volver rir."
Sobre a nosa terra, Teté Delgado teno moi claro: "Para min agosto é o momento de ir a Malpica de Bergantiños, a Malpica vou, non fallo."