CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A subdirectora xeral de Saúde Pública: "Non está sobre a mesa neste momento ampliar o toque de queda, nin sequera a ampliación do horario da hostalaría"

10/04/2021 - 09:02 h

O Sergas non contempla ampliar o toque de queda nin o horario da hostalaría, cando menos, de momento. 

Asegurábao a subdirectora xeral de Saúde Pública, Raquel Zubizarreta, ao tempo que apelaba á precaución.

Nunha entrevista no 'Galicia por diante da fin de semana', Raquel Zubizarreta lembra as reunións semanais tanto do comité clínico como do subcomité que asesoran a Xunta. A semana que vén non será menos e nelas avaliarase a situación epidemiolóxica e posibles novos pasos da desescalada.

Con todo, a subdirectora xeral de Saúde Pública avisaba que sobre a mesa de análise non figuran cambiar os horarios de recollida nocturna nin os que afectan os bares e restaurantes. 

Zubizarreta amósase cauta, apunta que a incidencia pode aumentar con moita rapidez polo que avoga por agardar a ver os posibles efectos da Semana Santa. Cousa que ata finais da semana que vén non se observarán na súa verdadeira dimensión.